Tuesday 14 de May de 2024

Camariñas abre as inscricións para a súa XI Carreira Pedestre e solidaria dentro do Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’


· A proba terá lugar o 5 de marzo e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.

· As inscricións poden realizarse en www.correndopolacostadamorte.com.

O Concello de Camariñas celebrará o 5 de marzo a súa XI Carreira Pedestre, proba inaugural dunha nova edición do Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’, e para a que xa está aberto o prazo de inscrición. Pode realizarse en www.correndopolacostadamorte.com.

A carreira ten carácter solidario xa que se recadarán fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro a través de dúas categorías: ‘3K absoluta contra o cancro’ e 3K Sub 14-16-18 contra o cancro’. Ademais, desde a organización habilitouse unha ‘Fila 0’ para que calquera persoa poida facer o seu donativo aínda que non participe en ningunha proba.

As probas, un total de seis, comezarán ás 10:00 horas, coa categoría sub-12. A categoría sub-10 terá saída ás 10:15 hora; a ‘3k absoluta contra o cancro’ ás 11 horas; a ‘3k sub 14-16-18 contra o cancro’ ás 11:05 horas; a categoría Pitufos ás 11:45 horas; e a 10K absoluta ás 12:15 horas.

Prazo de inscrición

O prazo para inscribirse no Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’ remata o 28 de febreiro de marzo ás 23:59 horas, e o prezo é de 35 euros. Para inscribirse na carreira, rematará tamén o martes 28 de febreiro, tamén ás 23:59 horas, e o prezo será de 8 euros, co valor engadido de 1 euro se se quere chip. As inscricións para as categorías base son gratuítas.